DESMIGANDO MITOS SOBRE O PAN

Desde a panadería artesá Casa Raposo da cidade de Lugo fixemos unha revisión de blogues, páxinas especializadas sobre saúde e opinións de expertos para analizar os mitos que circulan ao redor do pan. Podes lelos a continuación. 

COMER PAN ENGORDA

Unha das opinións máis frecuentes é que “comer pan engorda”. Non é así, os alimentos en función da súa composición e elaboración poden achegarnos un maior ou menor número de calorías. En caso de consumir unha cantidade excesiva de calquera comida será negativo para o noso organismo. Ademais, o pan é un elemento fundamental para manter unha dieta equilibrada e é un alimento que carece de graxa.

 

PAN INTEGRAL VS PAN BLANCO

Con respecto ao pan integral, achega as mesmas calorías que o pan branco, a pesar de que si que presenta vantaxes como o seu alto contido en fibra que regula o tránsito intestinal. En termos xerais é un alimento que achega altas cantidades de hidratos de carbono, vitaminas e minerais polo que é imprescindible en calquera dieta.

 

DIFERENTES TIPOS DE FARIÑA

Hai diferentes tipos de fariña que non achegan as mesmas propiedades. A empregada para facer pan contén altos niveis de proteínas, e por tanto, un alto contido en glute. Esta é coñecida como fariña de trigo ou fariña de forza. Doutra banda, a normal ou multiusos é habitual nas cociñas, contén entre un 8% e un 10% de glute e é máis fina. Finalmente, a empregada en pastelería é máis lixeira, e contén altas taxas de amidón e menos glute.

 

CANTO PAN AO DÍA? BOCADILLOS?

A estimación que recomendan os expertos en saúde é de entre 200 e 250 gramos de pan ao día repartidos entre as diferentes comidas e non aconsellan baixar dos 100 gramos en dietas de adelgazamento, xa que iso pode supoñer un trastorno alimenticio para quen o faga. En canto aos bocadillos ou calquera outra comida que acompañemos con pan, o que engordan son eses alimentos complementarios, non o propio pan, polo que é importante compensar as cantidades para que a inxesta sexa saudable.

O consello que che damos desde Casa Raposo é que optes sempre por un pan sen adictivos nin  convervantes, un par artesán e natural como o que ofrecemos nós nas nosas panaderías da cidade de Lugo. Tampouco é saudable consumir altas cantidades de pan artesán, pero se o dosificas e complementas con outros alimentos saudables reportarache unha serie de beneficios que son máis que necesarios en calquera dieta.

 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *