PAN ARTESÁN VS INDUSTRIAL: DIFERENZAS E DEBATE

O pan artesán foi historicamente un produto que presidiu e protagonizou as mesas da maioría de familias. Caracterizado por ser o acompañante ideal de calquera prato, nos últimos tempos perdeu presenza nos fogares pola intrusión no mercado do pan industrial, un produto que se afasta do concepto artesanal, tradicional e nutricional que moitos de nós lembramos.

Pode chegar a sorprender que haxa consumidores que se decanten por unha solución industrial, pero as razóns son obvias: unha maior duración, prezos máis baixos e a despreocupación de ter sempre unidades en casa. Para estes produtos úsanse fariñas refinadas e fermentos químicos que acaban coas propiedades nutritivas do pan, sen falar de conservantes engadidos ou outros compoñentes que o plastifican e converten en indestructible.

O descoñecemento dos consumidores sobre estas cuestións é o que dificulta posteriormente o labor do panadeiro artesán: vender un produto aparentemente similar, con peor conservación e cun prezo superior. É por iso que desde a nosa panadería e pastelería artesá de Lugo queremos aconsellarvos e mostrarvos a realidade do sector panadeiro. 

Cabe destacar que os amantes do pan téñeno claro, distinguen a calidade e non se deixan embelesar por fórmulas sospeitosas. Tamén é certo que non para todo o mundo este alimento ten un peso importante na súa alimentación e considérano un simple complemento ocasional.

Unha realidade é que o pan artesán reporta unha serie de beneficios dificilmente  alcanzables por outro tipo de produtos. Segundo os expertos, mellora a dixestión; contén altas taxas de ácido láctico, o que facilita a absorción de minerais; consérvase de forma natural; ten un baixo índice glucémico; contén moitas vitaminas, e como non, posúe un sabor e textura diferente.

A tendencia está a reverterse nos últimos tempos, e aínda que o pan industrial coouse na cesta da compra dos galegos, o pan astesán presenta unha tendencia alcista, unha remontada na que moito ten que ver a concienciación que fan as familias acerca dunha alimentación saudable.

Estes pans teñen unha forma, sabor e calidade únicos, e aínda que os procedementos industriais tenten aproximarse a eles, sempre lles faltará un elemento fundamental: a man do mestre panadeiro, esa que desde Casa Raposo queremos manter en todas as nosas panaderías da cidade de Lugo.

 

 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *