Ao pouco tempo de comezar ca súa actividade, os fundadores de Casa Raposo contrataron como axudante a Manuel, un rapaz de 17 anos. Pouco despois converteuse no herdeiro do forno. Tras un breve periodo, unha das súas fillas, Mercedes, xunto co seu marido Pepe, sacou adiante o negocio familiar. Os seus descententes trataron de compaxinar os seus respectivos traballos ca panadería, pero ante a imposibilidade de facelo foi unha das súas netas quen da man do seu esposo tomou as rendas do forno.